Tuesday 07 de May de 2024

O Museo do Traxe recibe aos veciños e veciñas de Cangas


Aproveitando o seu paso por Ordes un total de 40 veciños e veciñas da zona de Cangas non perderon a oportunidade de visitar esta mañá de domingo o Museo do Traxe. Durante unha hora contemplaron a gran variedade de indumentarias de distintos rincóns de España e do resto do mundo que alberga este espazo, ademais da ampla colección de monecas e doutros complementos como abanicos ou mantóns. Os visitantes non disimularon a curiosidade que lles despertou a ampla colección de fotografías de estrellas do folclore e da canción española retratados a carón do coreógrafo e veciño ilustre Juanjo Liñares, mentor e mecenas do legado que compón o museo.